Más noticias Galicia

Os socialistas esíxenlle ao Santander un "comprimiso social" con Galicia e a Coruña cunha atención especial a clientes e pemes

O deputado autonómico Juan Díaz Villoslada e o presidente da xestora socialista da Coruña , Florencio Cardador, trasladaron esta mañá a “máxima preocupación” dos socialistas ante a nova situación financeira na cidade en en Galicia tras a “venda exprés in extremis” do Banco Pastor-Popular ao Banco Santander.

Os socialistas reclaman a intervención da Xunta para "acompañar" aos afectados pola venta do Popular

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe a intervención do Goberno galego para “acompañar” aos afectados pola venta do Banco Popular, propietario do Banco Pastor. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que os socialistas, xunto co resto dos grupos da oposición, reclamaron a comparecencia de Feijóo sobre este asunto, que foi vetada polo PP.

O PP rexeita unha iniciativa socialista para pedirlle ao Goberno de España un maior orzamento para medidas de igualdade

A portavoz de igualdade do grupo socialista, María Pierres, defendeu unha proposición non de lei en comisión parlamentaria para que a Xunta lle reclame con carácter urxente ao goberno de España un incremento dos orzamentos previstos para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e que o goberno galego promova medidas específicas “que promovan que as mulleres galegas non se vexan estancadas na súa loita pola igualdade de oportunidades”, unha iniciativa que foi rexeitada cos votos en contra do PP.

Os socialistas sinalan que a "falla de xestión e de peso político" de Feijóo ten condenado á plisan en beneficio do norte de Portugal

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que o presidente da Xunta teña demostrado que non ten “nin xestión nin peso político” para desenvolver o proxecto da Plisan Salvaterra – As Neves, que acumula xa 17 anos de trámites. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, que centrou hoxe na falla dunha oferta competitiva de solo industrial.

Os socialistas apoian a petición dunha investigación sobre Villar Mir logo da "tela de araña" que está a enredar a cargos do PP" na operación Lezo

O Grupo Socialista apoiou hoxe a petición de En Marea e BNG de constituír unha Comisión de Investigación sobre as relacións de Villar Mir coa administración, que finalmente foi vetada polo PP. O portavoz de Política Institucional, Juan Díaz Villoslada, explicou que “o noso grupo non se vai opoñer a esta Comisión”, pero tamén demandou “ser moito máis rigorosos” ao solicitar estes órganos.

Os socialistas reclaman a devolución da Lei de Benestar Animal, un texto "feito desde un despacho" sen diálogo e cun fin mediático

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou hoxe no pleno do Parlamento a emenda de devolución dos socialistas á Lei de Benestar Animal. A deputada criticou a “oportunidade perdida” que supón este proxecto de lei en temas como “regular o abandono de animais domésticos, as festas taurinas, de que animais falamos cando se fala de circos con animais, ou o maltrato a cabalos”. O grupo socialista foi o único que presentou unha emenda á totalidade deste texto, polo que esta mañá puido ser debatido no pleno. Do contrario, o trámite seguiría sen poder discutir máis que as “migallas”, reivindicou Vilán.

O Goberno adianta a negativa a garantir o obxectividade informativa e democratizar a CRTVG

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, amosou hoxe a súa sorpresa por que o goberno trasladara á Cámara por escrito unha valoración contraria á tramitación da proposición de Lei de Reforma da Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual, presentada polo PSdeG. Explicou que “non recordo un criterio negativo da Xunta dende hai a lo menos 20 anos”.

Os socialistas pedirán no Parlamento e no Congreso a apertura da pesquería de cigala en zonas que terían que esperar ata 2019

A portavoz de Pesca do grupo socialista, Loli Toja, anuncia que os socialistas reclamarán no Parlamento de Galicia, e tamén no Congreso a través da portavoz de Pesca, a galega Margarita Pérez Herráiz, a apertura da pesquería de cigala na zona VIIIc e na unidade funcional 25, xa que “non é posible esperar ata o 2019”, ano no que o Consello Internacional para a Explotación do Mar ten previsto avaliar de novo a situación desta especie.

Os socialistas tildan de "neglixencia" a paralización do Helimer 401 de salvamento maritímo durante un ano

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, elevou hoxe a “neglixencia” o desinterese da Xunta na recuperación do novo Helimer 401, unha aeronave adquirida en 2015 por 24 millóns de euros e que permanece paralizada dende hai un ano. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión pola situación da aeronave, con repercusións na seguridade marítima.

Os socialistas solicitan unha visita institucional do Parlamento ás novas instalacións do 112

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, trasladou hoxe unha solicitude formal do Grupo Socialista para realizar unha visita institucional ás novas instalacións do 112 en A Estrada. O responsable socialista quere coñecer de primeira man o funcionamento operativo da nova plataforma de emerxencias e a situación laboral dos traballadores, en folga dende hai un mes.